Letras Vivas Mais Libros - Plan Galego de Lectura
Rede de Bibliotecas de Galicia
         
como participar de letras vivas?

Existen dous xeitos de participar no programa Letras Vivas: como persoa ou entidade ofertante de actividades (escritores, ilustradores, contadores, actores, etc.) ou como solicitante de actividades (biblioteca pública, centro de ensino, entidades que traballen no fomento da lectura)

COMO SOLICITAR ACTIVIDADES

Por medio dunha circular faranse públicas as convocatorias para solicitar actividades dentro do programa Letras Vivas.

Poderán participar bibliotecas públicas, centros culturais, centros de ensino incluidos no plan de mellora de bibliotecas escolares e asociacións cidadás que traballen polo fomento da lectura.

Todas as xestións necesarias para poder participar en Letras Vivas realízanse a través do portal web da Rede de Bibliotecas de Galicia. No apartado Axudas, subvencións, promoción da lectura, Internet atópanse as bases polas que se rexe a participación no programa. No mesmo enderezo pódese acceder tamén ao catálogo das actividades (en constante actualización).

Para poder solicitar actividades de letras vivas hai que aceptar as bases do programa e solicitar a alta como usuario e o envío dun nome de usuario e un contrasinal.

COMO OFERTAR ACTIVIDADES

As persoas creadoras (da escrita, da ilustración, da música, contadores, animadores, actores, etc.) e as entidades que traballen nos eidos da promoción da lectura poden solicitar a súa inclusión no catálogo de actividades Letras Vivas, para o cal deberán aceptar as bases polas que se rexe a participación no programa remitindo un escrito cuxo modelo se atopa no portal web da Rede de Bibliotecas de Galicia no apartado Axudas, subvencións, promoción da lectura, Internet. Segundo o tipo de ofertante será incluido no catálogo LV Creación ou LV animación.

Unha vez aceptadas as bases recibirán un nome de usuario e un contrasinal co que poderán acceder ao catálogo de letras vivas. Todas as tramitacións necesarias para poder participar en Letras Vivas realízanse a través do portal web da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Unha vez recibidos o nome de usuario e contrasinal, a ofertante xestionará directamente o seu espazo, no que deberá incluir as actividades que oferte, a súa descrición, os cachés que correspondan a cada actividade, así como actualizar estes datos en calquera momento.
Cómo participar